xoves, 23 de abril de 2015

PARABÉNS A ANDREA E RAQUEL!!!!





Toda a clase participamos no concurso do relato curto "non te durmas". E estamos moi pero que moi content@s porque temos dúas compañeiras entre os finalistas: Raquel e Andrea!!!
De todos xeitos, polo mero feito de ser finalistas candanseu relato será publicado nun libro xunto ao resto dos relatos finalistas. Un privilexio que poucos poden ter!
A final será o 27 de maio en Pontevedra e as dúas estades invitadas.
Estou moi orgullosa de todos os vosos relatos, cada un deles tiña algo especial, pero xa se sabe que nestas cousas non todos podemos gañar. 
Desexámoslle moita sorte ás dúas, esperando que un dos vosos relatos sexa o gañador!

Preme aquí para ver a relación de finalistas na categoría de Primaria:

http://nontedurmas.org/IMG/pdf/finalistas_primaria.pdf


Finalistas do III Certame de Relato Curto

MÉRCORES 15 DE ABRIL DO 2015POR NONTEDURMAS
A FANPA agradece a todas as persoas a súa participación e a excelente acollida que está a ter este certame na comunidade educativa. Nesta edición o número de participantes foi de case 800 o que nos permite ir pouco a pouco consolidándoo.
Grazas tamén a todos os colaboradores e voluntarios polas súas achegas e dedicación desinteresada, xa que sen eles a FANPA non podería asumir o custo do certame.
Logo da deliberación do xurado, publicamos a relación dos 100 finalistas que formarán parte do libro que se vai editar cos seus relatos e co relato, feito expresamente para o certame, dun escritor/a profesional, tal e como recollen as bases. Nesta edición vai ser Fina Casalderrey. A FANPA quere deste xeito homenaxear a unha escritora á vez que sirva de referente a todos os escritores e escritoras noveis. O noso agradecemento a Fina por achegar o seu relato.
Como o aforo é limitado, a entrega de premios está reservada para cada finalista e un acompañante. A organización porase en contacto cos finalistas para a asistencia ao acto que será en Pontevedra o 27 de maio.
Animámosvos a todos, finalistas e non finalistas, a seguirdes participando.
Parabéns de toda a Xunta Directiva de FANPA!

xoves, 9 de abril de 2015

EUROS



A VER QUEN É O PRIMEIRO GRUPO EN PESQUISAR DE QUE PAÍSES SON ESTES EUROS.
TEDES QUE DICIR O PAÍS MAILA SÚA CAPITAL
ÁNIMO!!!!